Ciencias para o Mundo Contemporáneo

CLONACIÓN

            A clonación é un proceso no que de forma asexual se obteñen copias xeneticamente idénticas dun organismo, célula ou molécula xa desenvolvido.


TIPOS:

Clonación Molecular:

Picture
   CLONACIÓN DA OVELLA DOLLY
               (TRANSFERENCIA NUCLEAR)

    - Os científicos extraeron unha célula somática das glándulas mamarias da ovella donante e quitáronlle o núcleo.
    - A outra ovella extraéronlle un ovocito ao cal lle eliminaron o núcleo.
    - Introduciron o núcleo da célula somática no ovocito enucleado mediante microinxeccións.
    - O ovocito activouse con impulsos eléctricos e comezou a dividirse.
    - Formouse un embrión, que foi implantado no útero dunha terceira ovella.
    - Tras o período normal de xestación naceu Dolly, unha ovella idéntica á súa nai xenética.

Clonación Terapéutica:

            A clonación terapéutica refírese á creación de embrións humanos mediante clonación co fin de utilizalos como materia prima de distintas terapias.
Picture
    - Célula inicial: O núcleo da célula contén o material xenético de cada individuo.
    - Extracción: Extráese o núcleo dun óvulo.
    - Inserción do núcleo inicial: O núcleo da célula inicial introdúcese dentro do óvulo e ambos se fusionan.
    - División: O óvulo divídese e desarróllase nun laboratorio como se fora fecundado para obter células pluripotenciais.
    - Obtense un conxunto de células equivalente a un embrión humano nos días de desarrollo.
    - Estas células están aínda sen diferenciar e son plutipotenciais, susceptibles de convertirse en calquera tipo de tecido. Como este tecido ten o mesmo material xenético ca o individuo orixinal, non provoca rexeitamento.


VANTAXES:

- Posibilidade de producir non un corpo completo, senón soamente un órgano, para salvar a vida dun ser humano que requira o transplante de dito órgano.

- Clonación de animais transxénicos, é dicir, con modificacións efectuadas con xenes humanos para utilizar os     seus órganos para o transplante en seres humanos, evitando así o seu rexeitamento.

- Propagación de insectos beneficiosos para contrarrestar as plagas que danan os produtos agrícolas, diminuíndo desta forma o emprego de insecticidas e pesticidas e mellorando, en consecuencia, a calidade de vida do ser humano e protexendo o medio ambiente.

- Establecer porque as células nerviosas non se multiplican. Se se logra a multiplicación destas, podería permitirse que os paralíticos que sufriran a ruptura da médula espiñal poideran camiñar de novo.

- Ter fillos coas características de só un dos cónxugues, no caso de que o outro padecera unha grave                    enfermidade.

- Ter fillos unha muller estéril utilizando calquera célula do seu organismo.

- Propagación de animais en peligro de extinción para manter o equilibrio ecolóxico.
       

INCONVENIENTES E RISCOS:

- Dificultade técnica. A técnica aínda é demasiado recente. Estes problemas son maiores na clonación de animais  ca na de vexetais.

- Rexeitamento aos organismos transxénicos, xa que se descoñece a influencia que pode acarrear o cambio        xenético nese ser, no medio ambiente e no consumidor.

- Baixo rendemento.

- Alta porcentaxe de mortalidade en animais clónicos.

- Elevado número de malformacións detectadas.

- Aparición temperá de enfermidades seniles e posible envellecemento temporán dos animais clónicos.

- Dilemas ético- morais.



APLICACIÓNS:

Picture

DESENVOLVEMENTO DA INVESTIGACIÓN 

    A clonación serve para investigar en diversos campos.
    Por exemplo, nos estudos con experimentos efectuados con animais clonados que ao ser idénticos , os resultados non se verán afetados polas diferenzas xenéticas.

Picture


REPRODUCIÓN DE ANIMAIS TRANSXÉNICOS

    Exemplos desta aplicación son a creación de porcos que medran máis rápido e producen mellor carne que os comúns; polos que resisten infeccións que producen a intoxicación por alimentos; o estudo dos xenes e mellora das reservas de alimento; a creación de ratos con xenes humanos que fan que os sistemas inmunolóxicos actúen igual aos do home para poder estudar o efecto das enfermidades nestes...

Picture

PORCOS QUE PRODUCEN OMEGA-3:

    Un grupo de científicos de EEUU creou porcos transxénicos clonados que producen ácidos graxos beneficiosos: os Omega-3, que son bos para combater as enfermidades cardiovasculares e outros problemas de saúde. Estes ácidos só os conteñen algúns peixes (e poden conter altas taxas de mercurio), pero estes porcos poderían converterse nunha fonte alternativa.
    Para obter estes porcos, os investigadores transferiron ao núcleo das células nai un xene chamado "fat-1", que produce un enzima que transforma en omega-3 os ácidos graxos omega-6.
    Aínda non está comprobado se estes animais son aptos para o consumo, xa que as autoridades sanitarias estadounidenses prohiben os alimentos procedentes de animais transxénicos.
Picture

PRODUCIÓN DE PLANTAS TRANSXÉNICAS

   Úsase para obter plantas coas características desexadas, por exemplo: resistencia a herbicidas, insectos e enfermidades microbianas; mellora da calidade dos produtos agrícolas; incremento do rendemento fotosintético; síntese de produtos de interese comercial; e asimilación de nitróxeno atmosférico.
Picture

VEXETAIS MODIFICADOS XENETICAMENTE:

   
Neste momento só se usan uns poucos vexetais transxénicos:
            - O primeiro foi un tomate modificado para que resistira máis tempo despois de madurar.
            - Á soia introducíuselle un xene que a fai resistente a un herbicida.
            - Obteuse millo transxénico resistente a un insecto e a un herbicida.
    Aínda non existen pero están en desenvolvemento os vexetais cun xene estrano para o consumo directo. Serán patatas, froitas, etc resistentes a insectos, xeadas...

EN CONTRA DOS TRANSXÉNICOS:

    Datos presentados por asociación ecoloxistas:
    (Os transxénicos diminuirán a utilización de herbicidas e produtos tóxicos): incrementouse o uso de agroquímicos e aumentou a contaminación do solo, a perda da fertilidade e a desaparición de biodiversidade.
    (Obteranse especies de mellor calidade, máis resistentes a organismos prexudiciais e a enfermidades): Os que incrementan a resistencia son os organismos e plantas malignos para os cultivos.
    Non se realizaron moitos estudos respecto á saúde das persoas, pero apareceron novas alerxias contaminantes nos alimentos e a xeración de resistencia a antibióticos en bacterias patóxenas para o ser humano.

REPRODUCIÓN DE ANIMAIS EN VÍAS DE EXTINCIÓN   

    Algunhas técnicas de clonación poderían xerar individuos que asegurasen a supervivencia da especie.
    Houbo varios intentos de levar a cabo este proceso pero non tiveron éxito.
    Un obstáculo é a necesidade de manter o ADN moi conservado e en perfecto estado.

Picture

EXTINCIÓN DO BUCARDO:

    O 5 de xaneiro de 2000 apareceu morto o último exemplar de bucardo (Celia), o que supuxo a extinción da especie.
    Prevendo isto, en 1999 obtiveron mostras de tecidos desta femia, para así intentar a súa clonación.
    No primeiro intento cambiáronlle o núcleo aos ovocitos dunha cabra doméstica por material xenético de Celia para crear embrións que logo implantaron en “cabras de alquiler”, pero só sobreviviron aos 2 primeiros meses de xestación.
    Nun intento máis recente conseguiron que nacera una cría pero morreru aos poucos minutos por malformacións nos pulmóns.
    Están dispostos a seguir intentándoo, pero ao ter só material xenético dunha femia non se poderá recrear a especie.

Artículo completo
Picture

APLICACIÓNS TERAPÉUTICAS:
   
      
Están en fase de investigación e en poucos casos se puideron facer probas en pacientes.
       Trátase de colleitar células nai embrionarias, as cales poden producir tecidos musculares e células orgánicas.
       Son utilizadas por exemplo para queimaduras na pel, danos na columna vertebral, rexeración de órganos, e tamén poden axudar a persoas que padezan enfermidade cardíacas, alzheimer, párkinson...



Picture

CÉLULAS NAI

    A célula nai é unha célula que ten a capacidade de autorrenovarse mediante divisións mitóticas ou de continuar a vía de diferenciación para a que está programada e, polo tanto, producir células dun ou máis tecidos maduros, funcionais e plenamente diferenciados en función do seu grao de multiplicidade.
    Estas células teñen a capacidade de dividirse sen perder as súas propiedades e poden diferenciarse noutras células.
    A maioría dos tecidos dun individuo adulto posúen unha poboación específica propia de células nai que permiten a súa renovación periódica ou a súa rexeración cando se produce algún dano tisular.



CÉLULAS NAI DO CORDÓN UMBILICAL

    As células nai son a orixe do resto das células, das cales se derivan todas as estruturas: pel, músculos, ósos, sangue, fibras nerviosas e todos os órganos.
    Teñen a capacidade de renovarse ou ben de continuar a vía de diferenciación para a que están programadas e polo tanto producir todos os tipos de células dependendo do seu grao de madurez; a menor madurez, maior capacidade de derivar en máis tecidos celulares.
tanto asumen importantes funciones de reparación en caso de lesión o enfermedad.



IMPLANTACIÓN DE CÉLULAS NAI NO CORAZÓN

    O equipo de cardiólogos do Hospital Gregorio Marañón foi o primeiro no mundo en implantar células nai adultas derivadas da graxa no corazón dun paciente para mellorar o bombeo de sangue do seu corazón.
    Mediante unha liposucción extráese graxa do abdome do paciente e logo implántaselle no corazón, onde se transforma en músculo cardiaco e en novos vasos sanguíneos ou células vasculares que proporcionan ao paciente unha mellor calidade de vida.
    Non se poden dar resultados definitivos, pero os 20 casos que se realizaron non presentan problemas e os pacientes mostran unha evolución satisfactoria.