O MUNDO DO ADN:
QUE É O ADN?
O ADN é a substancia química onde se almacenan as instrucións que dirixen o desenrolo dun ovo hasta formar un organismo adulto, que manteñen o seu funcionamento e que permite a herencia. É unha molécula de lonxitude xigantesca, que está formada por agregación de tres tipos de substancias: azucres, chamados desoxirribosas, o ácido fosfórico, e bases nitroxenadas de catro tipos, a adenina, a guanina, a timina e a citosina.
Os azucres e os ácidos fosfóricos únense lineal e alternativamente, formando dúas largas cadeas que se enrolan en hélice. As bases nitroxenasdas encóntranse no interior desta dobre hélice e forman unha estrutura similar ós peldaños dunha escaleira. Únense ás cadeas mediante un enlace cós azucres. Cada peldaño está formado pola unión de dúas bases, formando os pares de bases anteriormente mencionados; pero estes emparexamentos só poden darse entre a adenina e a timina ou entre a citosina e a guanina. As secuencias- o orden en que se van poñendo- que forman adenina, timina, citosina e guanina ó longo da cadea de ADN é o que determina as instrucións biolóxicas que contén.
ESTRUCTURA DO ADN:
Os extremos de cada unha das febras do ADN son denominadas 5’-P (fosfato) e 3’-OH (hidroxilo) na desoxirribosa. As dúas cadeas alineanse en forma paralela, pero en dirección inversas, pois a interacción entre as dúas cadeas está determinada polas pontes de hidróxeno entre as súas bases nitroxenadas. Dise, entón, que as cadeas son antiparalelas.
EXPRESIÓN
DA INFORMACIÓN XENÉTICA:
O ADN contén información para que os aminoácidos se unan e
formen as proteínas. Sen embargo, dado que a síntese de proteínas se realiza nos
ribosomas e que o ADN se encontra no núcleo,do que non sae, faise necesaria a
existencia de alguna molécula que actúe como intermediario entre o ADN e os
ribosomas. Este papel realízao un tipo de ARN, o ARNm. O proceso de formación
dos ARN denomínase transcrición.
Coa información contida na molécula de ARNm pódese sintetizar
unha cadea polipeptídica nun proceso denominado tradución que ocorre nos
ribosomas. Neste proceso interveñen outros tipos de ARN, o ARNr, componente
fundamental dos ribosomas, e o ARNt, que transporta os aminoácidos ata os
ribosomas..
O fluxo de información xenética pódese expresar da seguinte
maneira:
Por suposto, todo este trasvase de información prodúcese gracias
á natureza química dos ácidos nucleicos.
Debido á complementariedade das bases nitroxenadas pódese replicar e transcribir a ARNm que se vai traducir por medio dos ARNt e ARNr, tamén grazas á complementariedade das bases.
O CÓDIGO XENÉTICO:
Tanto o ARN como o ADN están compostos pola combinación de catro bases diferentes ( se pode decir que é como un alfabeto de catro letras). Cómo é esta combinación? Si cada aminoácido estivera codificado só por dúas bases habería un total de 4*4=16 posibilidades, pero esto non pode ser así, xa que os aminoácidos encontrados nas proteínas son 20. Necesitamos combinar máis bases. Entón, si combinamos tres bases (tripletes) para formar un aminoácido, obtemos un total de 64 combinación (4*4*4=64)… pero agora “sobran” 44 tripletes. Nesa situación encontráronse Har Gobind Khorana e Marshall Nirenberg na década de 1960.
Estes científicos demostraron que hai 61 tripletes- ou codóns- que codifican aminoácidos, moitos dos cales son codificados por máis dun codón, polo que se di que o código está dexenerado. Os distintos aminoácidos son codificados por un número diferente de codóns, e incluso existen tres tripletes que non codifican para ningún aminoácido. En resumo: dos 64 codóns, 61 codifican aminoácidos e os tres restantes noon son codificantes senón que son utilizados como señais de terminación.
Este código é case universal:é o mesmo en todos os organismos. Sen embargo, o código xenético mitocondrial é diferente do nuclear e transmítese de maneira independente.